domingo, 1 de marzo de 2009

Bioinvasións en Europa


Un equipo científico internacional acaba de elaborar o primeiro censo de especies invasoras no noso continente. O número ascende a 11000, entre plantas, animais e microorganismos.
Nesta ligazón podes acceder á web do proxecto DAISIE, auspiciado pola Comisión Europea. Nela poderás atopar o catálogo de invasoras, buscador de especies, mapas de distribución e moitas cousas máis . Moi recomendábel.
Na fotografía temos á Carpobrotus acinaciformis, unha invasora das dunas (tomada de Wikipedia)