www.youtube.com/watch?v=DLV6jaZFLro&feature=PlayList&p=770F9E3EB28FFE5F&playnext=1&playnext_from=PL&index=6
Pareceume unha boa lección que lle fai falta o noso mundo, impresionante, a verdade deixoume asombrada!
viernes, 8 de mayo de 2009
martes, 14 de abril de 2009
Aqui déixovos unha nova do xornal de hoxe: Parece que a algúns non lles senta tan ben coma a nós o verán...
http://www.elpais.com/articulo/futuro/largo/verano/mar/Mediterraneo/mata/invertebrados/elpepusocfut/20090408elpepifut_2/Tes
http://www.elpais.com/articulo/futuro/largo/verano/mar/Mediterraneo/mata/invertebrados/elpepusocfut/20090408elpepifut_2/Tes
domingo, 1 de marzo de 2009
Bioinvasións en Europa
Un equipo científico internacional acaba de elaborar o primeiro censo de especies invasoras no noso continente. O número ascende a 11000, entre plantas, animais e microorganismos.
Nesta ligazón podes acceder á web do proxecto DAISIE, auspiciado pola Comisión Europea. Nela poderás atopar o catálogo de invasoras, buscador de especies, mapas de distribución e moitas cousas máis . Moi recomendábel.
Na fotografía temos á Carpobrotus acinaciformis, unha invasora das dunas (tomada de Wikipedia)
miércoles, 25 de febrero de 2009
Por non facerlles caso aos xeólogos
As ladeiras da Serra da Escrita, no Bierzo, non queren permanecer no seu sitio. Premede na seguinte ligazón para acceder á información completa, publicada hoxe no xornal La Voz de Galicia.
Que tipo de risco constitúe o descrito na noticia?
Que factores puideron contribuir ao desmoroamento da ladeira ? Era previsible?
Etiquetas:
movementos de ladeira,
Riscos xeolóxicos,
Xeosfera
viernes, 30 de enero de 2009
Solucións anti-cambio climático
Nesta animación tedes cinco propostas de científicos para deter o quentamento global. Cal vos parece máis factible?
jueves, 29 de enero de 2009
miércoles, 28 de enero de 2009
lunes, 26 de enero de 2009
Ferro no océano
Dende o 7 de xaneiro ata o 17 de marzo de 2009 o buque oceanográfico alemán Polarstern, tripulado por científicos alemáns e indios, vai levar á cabo o maior experimento de fertilización das augas do océano ata esta data . A zona escollida é unha superficie de 300 km2 no Atlántico suroeste. Os científicos queren saber como afecta o verquido de 6 toneladas de sulfato de ferro ao crecemento do fitoplancto , e ás consecuencias encadeadas deste crecemento nos ecosistemas oceánicos.
O experimento chámase LOHAFEX (LOHA quer dicir "ferro" en lingua hindi, e FEX ven de "ferro" e "experimento")
Será este un bo medio para loitar contra o cambio climático? Que outras formas temos de manipular o ciclo do carbono para frear o aumento da concentración de gases invernadeiro na atmosfera? Espero as vosas respostas nos comentarios.
Preme aquí para ver a ligazón a esta noticia no xornal El País
miércoles, 14 de enero de 2009
Entrevista con William Broecker
En 1975, hai xa 24 anos, William Broecker publicou na revista Science un artigo titulado Cambio climático , estamos ao borde dun quentamento global pronunciado? . Nel, Broecker xa alertaba dos posibles efectos das actividades humanas no clima global e foi a primeira vez que alguén empregaba o termo cambio climático. Hoxe aparece unha interesante entrevista con este científico no xornal El País.
Que destacarías do que nos conta Broecker? Cres que é un optimista ou un pesimista?...
lunes, 12 de enero de 2009
O mundo das margaridas
A Teoría Gaia , proposta polo científico británico James Lovelock, ilustrada con este sinxelo modelo animado .
Entrevista a Rajendra Pachauri
No xornal El País aparece hoxe esta interesante entrevista co Premio Nobel e Presidente do IPCC Rajendra Pachauri. Lédea con atención e escribide algún comentario.
domingo, 11 de enero de 2009
Suscribirse a:
Entradas (Atom)