viernes, 30 de enero de 2009

Solucións anti-cambio climático


Nesta animación tedes cinco propostas de científicos para deter o quentamento global. Cal vos parece máis factible?

jueves, 29 de enero de 2009

Ahí vai jaja

Moi boas a todos os compoñentes do blog!!
un saúdo, Ana

Ahí vai

Moi boas a todos os compoñentes do blog!!

un saúdo, Ana

miércoles, 28 de enero de 2009

Wou... miña primeira entrada!!!

Ola.... un saúdo a todolos compoñentes do blogue

Saúdos

Hola , son Alba

lunes, 26 de enero de 2009

Ferro no océano


Dende o 7 de xaneiro ata o 17 de marzo de 2009 o buque oceanográfico alemán Polarstern, tripulado por científicos alemáns e indios, vai levar á cabo o maior experimento de fertilización das augas do océano ata esta data . A zona escollida é unha superficie de 300 km2 no Atlántico suroeste. Os científicos queren saber como afecta o verquido de 6 toneladas de sulfato de ferro ao crecemento do fitoplancto , e ás consecuencias encadeadas deste crecemento nos ecosistemas oceánicos.
O experimento chámase LOHAFEX (LOHA quer dicir "ferro" en lingua hindi, e FEX ven de "ferro" e "experimento")
Será este un bo medio para loitar contra o cambio climático? Que outras formas temos de manipular o ciclo do carbono para frear o aumento da concentración de gases invernadeiro na atmosfera? Espero as vosas respostas nos comentarios.
Preme aquí para ver a ligazón a esta noticia no xornal El País

miércoles, 14 de enero de 2009

Entrevista con William Broecker


En 1975, hai xa 24 anos, William Broecker publicou na revista Science un artigo titulado Cambio climático , estamos ao borde dun quentamento global pronunciado? . Nel, Broecker xa alertaba dos posibles efectos das actividades humanas no clima global e foi a primeira vez que alguén empregaba o termo cambio climático. Hoxe aparece unha interesante entrevista con este científico no xornal El País.
Que destacarías do que nos conta Broecker? Cres que é un optimista ou un pesimista?...

lunes, 12 de enero de 2009

O mundo das margaridas


A Teoría Gaia , proposta polo científico británico James Lovelock, ilustrada con este sinxelo modelo animado .

Entrevista a Rajendra Pachauri


No xornal El País aparece hoxe esta interesante entrevista co Premio Nobel e Presidente do IPCC Rajendra Pachauri. Lédea con atención e escribide algún comentario.

domingo, 11 de enero de 2009

Presentación de diapositivas

Queres facer presentacións en flash de forma doada? Presta atención: