lunes, 26 de enero de 2009

Ferro no océano


Dende o 7 de xaneiro ata o 17 de marzo de 2009 o buque oceanográfico alemán Polarstern, tripulado por científicos alemáns e indios, vai levar á cabo o maior experimento de fertilización das augas do océano ata esta data . A zona escollida é unha superficie de 300 km2 no Atlántico suroeste. Os científicos queren saber como afecta o verquido de 6 toneladas de sulfato de ferro ao crecemento do fitoplancto , e ás consecuencias encadeadas deste crecemento nos ecosistemas oceánicos.
O experimento chámase LOHAFEX (LOHA quer dicir "ferro" en lingua hindi, e FEX ven de "ferro" e "experimento")
Será este un bo medio para loitar contra o cambio climático? Que outras formas temos de manipular o ciclo do carbono para frear o aumento da concentración de gases invernadeiro na atmosfera? Espero as vosas respostas nos comentarios.
Preme aquí para ver a ligazón a esta noticia no xornal El País

3 comentarios:

Anónimo dijo...

aínda que hai risco, podería ser unha boa opción, posto que se aumentamos paulatinamente a base da cadea alimenticia, poderiamos aumentar o resto da cadea e controlala con pesca... e asi eliminar un posíbel risco

Anónimo dijo...

e algo ke nos pode axudar

Anónimo dijo...

e unha boa opcion