Imaxinade que un honrado cidadán canaliza un regato facendo caso omiso da normativa sobre ocupación das ribeiras, co benéfico fin de construir un estacionamento para coches. O promotor da obra foi sancionado por Augas de Galicia cunha multa de 4500
€.Cando chove, o regato -revoltoso como todos os da súa especie- ten a mala costume de aumentar o seu caudal, inundando o aparcamento con coches e todo. Para arranxalo, a Administración Autonómica, pídelle á Municipal que desvíe a esta díscola corrente de auga cara outra zona. O custo desta obra sería só un pouquiño máis de 1 millón de €, que xenerosamente pagarían todos os cidadáns do concello cos seus impostos, aínda que non teñan coche.
Deberían facer leis para meter na cadea a todos estes regatos okupas e gamberros. Menos mal que o noso goberno autonómico vela por nós. Ah! e ao filántropo que tentou metelo en cintura deberían facerlle un monumento en lugar de poñerlle unha multa.
Premer aquí para ler o orixinal publicado no xornal La Voz de Galicia