Aquí vos deixo este video producido polo “American Geological Institute” e dobrado ao castelán polo Comité Nacional Mexicano del Año Internacional del Planeta Tierra.
sábado, 28 de mayo de 2011
Para que sirve un xeólogo?
Para una vez que nun xornal publican unha entrevista cun xeólogo (xeóloga neste caso) aquí tedes a que lle fixeron en Faro de Vigo a Ana Crespo, presidenta da Sociedad Geológica de España. Eu quedo con esta frase:..."la geología es una ciencia minoritaria que está desapareciendo de los planes de estudio de algunas comunidades autónomas por pura ignorancia. Y si los que toman decisiones no conocen la geología tampoco pedirán el consejo de un experto"
Entrevista
Por certo , algún iluminado deses que toman as decisións, educativas neste caso, acaba de reducir as horas da asignatura de Bioloxía e Xeoloxía de 4º curso de ESO de tres a dúas clases semanais . Claro que á Física e Química e á Tecnoloxía tamen lles espera ese mesmo destino, pero non é un consolo.
miércoles, 11 de mayo de 2011
Terremoto en Murcia
Esta tarde produciuse un terremoto de magnitude 5,3 en Murcia. A localidade máis afectada foi Lorca, onde houbo tres persoas mortas por caída dunha cornisa. Podedes pensar que a magnitude non é tan elevada como para producir ese resultado, pero é que a profundidade do hipocentro foi so de 1 km. Ver detalles
Etiquetas:
risco sísmico,
riscos internos,
Terremotos
miércoles, 4 de mayo de 2011
Efectos positivos da crise económica
Hoxe, o xornal El País informa que no ano 2010 as emisións de CO2 en España diminuiron un 3,7% con respecto ás do ano 2009. É o terceiro ano consecutivo de descenso , o que nos permite chegar agora mesmo a un nivel de emisión un 22,1 % máis alto que en 1990 (ano que o Protocolo de Kioto toma como referencia). Posto que o compromiso do noso país era non superar as emisións de 1990 en máis dun 15% para o ano 2012, aínda estaríamos a tempo de cumprilo.... lástima que sexa pola crise. Nesta ligazón podedes ver o mal camiño que levávamos hai só uns anos.
Cando a crise acabe, volveremos ás andadas?
Etiquetas:
Cambio climático,
Clima,
CO2,
Gases invernadeiro,
Protocolo de Kioto
miércoles, 30 de marzo de 2011
Circulación global
Etiquetas:
atmosfera,
circulación global da atmosfera,
Clima
Estacións
Premede aquí para ver unha animación do percorrido orbital da Terra coas variacións na cantidade de radiación solar incidente no transcurso dun ano.
Etiquetas:
equinoccios,
estacionalidade,
Órbita terrestre,
solsticios
O efecto de Coriolis
Neste vídeo podedes ver o efecto da rotación da Terra sobre a traxectoria das masas de aire, coñecido como efecto Coriolis. Por se o vídeo non vos convence, nesta ligazón podedes ver unha animación bastante boa.
lunes, 14 de marzo de 2011
Deastres 2010
Neste episodio do programa "Teleplaneta", que se emite na canle 24 h de rtve, tedes un resume dos principais desastres do ano pasado. Tivemos de case todo: fenómenos naturais e antrópicos, climáticos,xeolóxicos de orixe externa, xeolóxicos de orixe interna...
Premer aquí para ver o programa
Etiquetas:
Riscos climáticos,
Riscos naturais,
riscos tecnolóxicos
domingo, 13 de marzo de 2011
Moi oportuno
O día 6 de marzo, só uns días antes do terremoto de Xapón, o programa de divulgación científica "Tres 14"( La 2 de rtve) emitiu esta reportaxe sobre os terremotos. Do máis oportuno.... Quedei con esta frase: "non matan os terremotos, en realidade o que mata son os edificios" (agás que o terremoto xenere un tsunami, claro)
Para velo, premede aquí
Para velo, premede aquí
Etiquetas:
risco sísmico,
riscos internos,
Riscos naturais,
Terremotos
viernes, 11 de marzo de 2011
Terremoto e tsunami en Xapón
Hoxe, ás 6:46 (hora española) tivo lugar un terremoto perto da costa pacífica da illa xaponesa de Honshu. O terremoto en sí é o de maior magnitude rexistrado en Xapón nos últimos 140 anos, pero os danos multiplicaranse a consecuencia do tsunami xenerado. Polo momento non hai datos fiables e definitivos de número de víctimas, pero os danos son considerables sobre todo na cidade de Sendai e arredores. Agora mesmo está activada a alerta de tsunami en todo o Océano Pacífico Premede aquí para máis detalles... e tamén aquí.
Etiquetas:
risco sísmico,
riscos internos,
Riscos naturais,
Terremotos,
Tsunami
Erupción en Hawaii
A semana pasada entrou en erupción o volcán Kilauea, en Hawaii. Aquí tedes un dos moitísimos vídeos que hai na internet. Que tipo de erupción é? Poderíades dicir algo sobre a composición da lava?Espero os vosos comentarios!
Etiquetas:
lava,
riscos internos,
Riscos naturais,
Riscos xeolóxicos,
volcán,
Vulcanismo
lunes, 28 de febrero de 2011
Movementos en masa II
Sobran as palabras...
Movementos en masa
Para mellor ilustrar os fenómenos de ladeira, aquí tedes o primeiro dunha serie de vídeos recollidos pola rede. Ocúrreseme que lle poñades vós o nome, ou que comentedes en cada caso cales son os factores condicionantes...
Massive Rock Fall by Trango Group from Gabriel Vanrenen on Vimeo.
lunes, 14 de febrero de 2011
Novo libro de James Lovelock
Acaba de publicarse "La Tierra se agota", o novo libro do veterano científico e pai da Teoría Gaia James Lovelock. Estou ainda no primeiro capítulo, pero xa podo dicirvos que está escrito dunha forma amena e asequible. Premede aquí para saber algo máis : La Tierra se agota
Etiquetas:
Cambio climático,
James Lovelock,
Libros,
Teoría Gaia
viernes, 4 de febrero de 2011
Vivir perigosamente
Hai lugares do mundo que son un auténtico mostrario de riscos naturais, como a rexión de Indonesia. Recentemente e nun intervalo de tempo de só unhas semanas a zona sufriu inundacións e corrementos de terras como resultado das choivas monzónicas, un terremoto de magnitude superior aos 7 graos na escala Richter,un tsunami asociado ao antedito terremoto , e para rematar, unha violenta erupción volcánica. Esta erupción xenerou unha nube ardente ou escoada piroclástica que podedes ver neste vídeo:
Etiquetas:
movementos en masa,
nube ardente,
Riscos climáticos,
Riscos xeolóxicos,
Terremotos,
Tsunami,
Vulcanismo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)