Hoxe na clase falamos da pegada ecolóxica. Neste documento do Ministerio de Medio Ambiente tedes unha explicación moi clara deste concepto e doutros dous relacionados con el: o de capacidade de carga e o de déficit ambiental. Lede o documento e anotade as definicións destes importantes conceptos.
martes, 2 de noviembre de 2010
A pegada ecolóxica
Hoxe na clase falamos da pegada ecolóxica. Neste documento do Ministerio de Medio Ambiente tedes unha explicación moi clara deste concepto e doutros dous relacionados con el: o de capacidade de carga e o de déficit ambiental. Lede o documento e anotade as definicións destes importantes conceptos.
jueves, 28 de octubre de 2010
O número de seres humanos
Estes días falamos da evolución da poboación humana ao longo da súa historia . Nesta ligazón tedes unha presentación animada que representa esa evolución. É a explosión demográfica humana un problema ambiental ? A cantos seres humanos pode manter o noso planeta sen deteriorar o entorno de forma irreversíbel? Estamos sobrepasando o límite máximo ou ainda hai capacidade para máis crecemento?
Hai xente que pensa que deberiamos falar seriamente deste tema. Premede aquí para coñecer os seus argumentos.
E vós... que pensades?
Etiquetas:
capacidade de carga,
Demografía,
explosión demográfica,
poboación humana
Unha imaxe, vale máis que mil palabras
O que pagamos no supermercado polos nosos alimentos é o seu prezo real? Cales son os custos ocultos dunha salada de froitas? Que vos suxire esta imaxe?
Tomada de : www.selba.org
Etiquetas:
ciclo de vida,
custo oculto,
Sostibilidade
viernes, 23 de abril de 2010
O mundo ao revés
Imaxinade que un honrado cidadán canaliza un regato facendo caso omiso da normativa sobre ocupación das ribeiras, co benéfico fin de construir un estacionamento para coches. O promotor da obra foi sancionado por Augas de Galicia cunha multa de 4500
€.Cando chove, o regato -revoltoso como todos os da súa especie- ten a mala costume de aumentar o seu caudal, inundando o aparcamento con coches e todo. Para arranxalo, a Administración Autonómica, pídelle á Municipal que desvíe a esta díscola corrente de auga cara outra zona. O custo desta obra sería só un pouquiño máis de 1 millón de €, que xenerosamente pagarían todos os cidadáns do concello cos seus impostos, aínda que non teñan coche.
Deberían facer leis para meter na cadea a todos estes regatos okupas e gamberros. Menos mal que o noso goberno autonómico vela por nós. Ah! e ao filántropo que tentou metelo en cintura deberían facerlle un monumento en lugar de poñerlle unha multa.
Premer aquí para ler o orixinal publicado no xornal La Voz de Galicia
Etiquetas:
canalización,
impactos,
inundacións,
Riscos xeolóxicos
jueves, 22 de abril de 2010
Servizos ecolóxicos
O suplemento Tierra do xornal El País, publica o 17 de abril de 2010 unha interesante reportaxe titulada "La epopeya del guano" que ilustra moi ben varios aspectos dos que estamos a tratar na asignatura de Ciencias da Terra: a estreita interrelación entre os distintos subsistemas terrestres e entre as distintas especies dun ecosistema, a nosa dependencia do funcionamento dos ciclos naturais, a importancia da biodiversidade como fornecedora de recursos e de servizos, a relación entre a economía e o medio ambiente... En fin, unha lectura moi recomendábel.
lunes, 29 de marzo de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)