O artigo é moi interesante, porque chama a reflexionar sobre as consecuencias do quecemento global dos oceanos. Dí James Lovelock, o pai da hipótese Gaia, que á vida gústalle máis o frío cá calor. Cando a capa máis superficial do mar -que é onde están os productores- se quenta demasiado, tórnase moi lixeira e entón non pode afundirse e mesturarse coa auga profunda máis fresca e rica en nutrientes. Por iso os oceanógrafos din que a auga está estratificada: forma dúas capas, a quente arriba e a fría abaixo. Cando chega o inverno a capa máis superficial da auga arrefría, faise máis densa e permite a mestura vertical coa auga profunda. Deste modo chegan nutrientes á superficie e, cando chega a primavera, o fitoplancton comeza a súa explosión demográfica, para delicia de todos os membros da cadea trófica, incluidos os humanos amantes do peixe. De non existir o inverno o verán sería moi triste.
1 comentario:
O artigo é moi interesante, porque chama a reflexionar sobre as consecuencias do quecemento global dos oceanos. Dí James Lovelock, o pai da hipótese Gaia, que á vida gústalle máis o frío cá calor. Cando a capa máis superficial do mar -que é onde están os productores- se quenta demasiado, tórnase moi lixeira e entón non pode afundirse e mesturarse coa auga profunda máis fresca e rica en nutrientes. Por iso os oceanógrafos din que a auga está estratificada: forma dúas capas, a quente arriba e a fría abaixo. Cando chega o inverno a capa máis superficial da auga arrefría, faise máis densa e permite a mestura vertical coa auga profunda. Deste modo chegan nutrientes á superficie e, cando chega a primavera, o fitoplancton comeza a súa explosión demográfica, para delicia de todos os membros da cadea trófica, incluidos os humanos amantes do peixe.
De non existir o inverno o verán sería moi triste.
Publicar un comentario